Barreiros está situado na Mariña Lucense, norte da pronvincia de Lugo, N-634, Ruta que parte da Casa do Concello, paralela ó Rego do San Estebo, para en poucos máis de 4 Kms. de percorrido observar unha fervenza e adentrarnos na Fraga do S. Estebo, con árbores autóctonos: castaños, carballos, salgueiros, bidueiros, abeleiras.... |
|
KILÓMETROS DE PERCORRIDO: ÉPOCA IDEAL: DIFICULTADE: EDIFICIOS DE INTERÉS: FAUNA: corzos, raposos, xabaríns,esquíos, xinetas...; no rego troitas VEXETACIÓN: Na primeira parte do percorrido pradeiras e terras de cultivo. Na arboreda piñeiros e eucaliptos, a partir da Capela atopamos a Fraga do S. Estbo formada por bosque autóctono: carballos, castaños, abeleiras, loureiros, salguieros, bidueiros |
O punto de partida é A Casa do Concello en S. Cosme, na estrada N-634. Dende aquí hai dúas rutas alternativas que nos levan ata a Capela do S. Estebo do Ermo: a) Dirección Lugo, pasada a gasolineira collemos unha estrada á esquerda, pasamos o barrios das Eiras; unha pista sen asfaltar, entre unha arboreda de piñeiros e eucaliptos, bordeando O Rego do San Estebo (onde podemos observar restos de muiños), lévamos ata a capela. Percorrido 3'3 Kms b) Tomando a estrada da Insua, a 1'9 Kms unha pista sen asfaltar á dereita, lévanos á capela, cruzando piñeiros e ecualiptos. Percorrido 3,1 Kms A capela do San Estebo do Ermo foi coñecida perante séculos como a Igrexa de Augas Santas, suponse que dita denominación venlle pola existencia nas inmediacións dun manantial de augas ferruxinosas que foron empregadas perante décadas polas súas propiedades curativas |
A festividade celébrase o luns de Pascua, onde acuden romeiros de tódala Mariña. Foi arranxada en 1992 e acondiconada unha área recreativa con fonte de agua potable A partir daquí a ruta só se pode realizar a pé (é recomendable que os menos vaian acompañados), andaremos 900 m, ida e volta, entre bosque autóctono: carballos, castaños, abeleiras, bidueiros, loureiros, salquieros...e o ruido da auga do rego. Os amantes da natureza poden seguir fraga arriba Atoparemos: - A fonte ferruxinosa: polas súas propiedades curativas (entre
elas a anemia) aquí viñan xentes da Mariña (Cangas
de Foz, Nois, Fazouro, Sta. Cilla, Valadouro..), Meira..a toma-las augas,
parando en San Cosme nas casas de Ramón do Celeirao, do Rei,
do Ulleiro, da Sra. Gene, de Rosario, de Barreiras das Eiras... |
Santiago Apóstolo ía perseguido polos seus inimigos,
o cabalo deu un salto dunha ladeira a outra Podemos seguir ata un muiño en mal estado de conservación De regreso desviámonos á dereita, onde o río salva un desnivel formando unha fervenza, "fermosa cola de cabalo", sobre todo cando o rego leva cantidade de auga; o ruxir da auga lévanos por un sendeiro paralelo ó rego ata a capela Ruta que chama a atención do visitante, que invita o recollemento polo silencio, tranquilidade, paz e contacto coa natureza Estamos seguros que o que veña por primeira vez, repetirá |