KILÓMETROS DE PERCORRIDO: 5'8 ÉPOCA IDEAL: DIFICULTADE: |
EDIFICIOS DE INTERÉS: VEXETACIÓN: FAUNA: |
SITUACIÓN:
A saída é dende o Souto, estrada de Remourelle, pasamos fronte o Colexio Público, Áspera ata cruza-la estrada coñecida como do Monte, que ven de San Cosme ata Ribadeo; ata aquí dende o Souto hai outra ruta alternativa surcada polo Rego da Barranca cós seus muiños, así como abundantes cabozos e algún pombal; podendo visita-la Igrexa Parroquial de San Miguel de Reinante, pasamos o barrio da Ferrería e na Barranca visita-la capela de San Estebo do Pagá |
Seguimos a estrada de Remourelle, a nosa esquerda unha canteira e á dereita, hacia Barranca antiguas minas de ferro, hoxe abandonadas, en auxe a finais do século XVIII e principios do XIX coa industria siderúrxica en Sargadelos de Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargaledos "Transcendencia tiveron os asteleiros ferroláns e a factoría de Sargadelos, dedicada á fundición do mineral de San Miguel de Reinante e de Asturias. A súa producción foi variada: armamento pesado, cachorros de cociña, ferros de balcóns..." Deixámo-la estrada de Remourelle, á esquerda collemos unha pista sen asfaltar que nos leva a Comado, mirador que reúne excelentes condicións, tanto orográficas como climáticas, para a práctica do deporte do parapente (ó longo desta ruta atoparemos sinais do mencionado deporte). Excelente mirador, divisamos a rasa cantábrica: Burela, Foz, praias de Barreiros, Ribadeo ata Tapia (Asturias); zonas gandeiras como Noceda (Ribadeo), o Mondigo e a poucos metros (se nos encontramos con ánimos podemos ascender) Penalonga con 509 m Os 5'8 Kmts de percorrido son de continuo ascenso |