O CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

KILÓMETROS DE PERCORRIDO: 9'5 KM

ÉPOCA IDEAL: Calquera do ano

DIFICULTADE: Baixa, ideal para facer a pé o en bicicleta de montaña

EDIFICIOS DE INTERÉS: Igrexa Parroquial de Vilarmartín Pequeno, Capelo do Carmen (Vilamartín Grande), Capela do Pilar (Gondán) e Igrexa Parroquial de San Xusto de Cabarcos

Podemos observar a antiga pousada da Casa de Veiga do Camiño Real en Salguieros (Gondán) e un cruceiro en recordo da Capela do Bo Suceso en San Xusto, preto da Igrexa Parroquial

FAUNA: Raposo, Xabarín, Corzo, Esquíos, Pombos

VEXETACIÓN: Pradeiras e terras de cultivo, ó final do percorrido preto de Lourenzá, arboreda de piñeiros e eucliptos

O peregrino deixa o Concello de Barreiros, pasa por unha zona de bosques que nos leva o veciño Concello de Vilanova de Lourenzá, atopándo a capela de Santa Cruz preto do campo de fútbol; en Lourenzá os peregrinos recibían unha calurosa acollida no mosteiro, cuios orixes datan do século X. Impresiona a actual fachada barroca do mosteiro, diseñada polo arquitecto compostelán Fernando Casas Novoa, autor da facha do Obradoiro

Da importancia deste Camiño Norte ou Camiño Real, temos a testemuña da existencia de duas pousadas: A Casa de Veiga do Camiño Real en Gondán e a pousada de Inocente do Curbeiro en San Xusto

Estuidosos do Camiño Norte falas doutras dúas rutas de entrada en Galicia

a) Por Ría de Abres, Trabada, S. Marcos da Cadeira en dirección a Lourenzá

b) Tomando a estrada na beira da Ría do Eo ata Vilafernando, pasando por Trabada, para descender ó fermoso Val de Lourenzá en Sto. Tomé e S. Adriano. Dende aquí dirixirse a Lindín para entrar en Mondoñedo pola Ponte do Pasatempo