CONXURO "Conxuro da Queimada" |
||
Mouchos,
curuxas, sapos e bruxas, demos, trasgos e diaños, espíritos
das nevoas veigas
Corvos, píntega e meigas, feitizos das menciñeiras Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas |
|
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levanteri as chamas deste lume que asemella ó do inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia das aregas gordas, ¡¡oide, oide!! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augardente quedando así purificadas |
|
|
|
Lume das Sanas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do satiro e pé de coello Pecadora língua da mala muller casada cun home vello Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida |
E ando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós, fago esta chamada: se é verdade que tedes poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos espéritos dos amigos que están fóra, participen con nós desta Queimada |
|
Conxuro da queimada en Galego |
Conxuro da queimada en Ingles |
Inicio :: Historia :: Escudo :: Documentos :: Conjuro :: Iglesias :: Capillas :: Club ciclista :: mareas :: Vacas ganadoras :: Transportes Álbum general :: Álbum histórico :: Albunes Varios :: Ayuntamiento :: Himno :: Rutas :: Hórreos :: Playas :: Bar Moderno :: Videos :: Xiber |